Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A comisión de goberno, en sesión celebrada o día 19 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de terreos en Aspra do Vento e que fora aprobado inicialmente en sesión con data 14 de setembro de 1996 e, exposto ó público por prazo regulamentario, non se produciran alegacións.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 8.d) da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo e no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó que apareza publicado este anuncio no último BOP ou do Diario Oficial de Galicia.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle ó Concello de Ames, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ames, 9 de decembro de 1996.

O alcalde

Rubricado