Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de 16 de decembro de 1996, acordou:

1. Estima-la alegación formulada por Julio Álvarez Conchado, en representación da entidade mercantil Promocións Inmobiliarias Conchado, S.A., no sentido de establecer en 3,60 m a altura da planta baixa por Ronda de Nelle, e de 2,90 m para cada unha

das dez plantas altas dos edificios sinalados como M-3 e M-4, polo que a altura debe determinarse en 32,60 m, facendo extensivo o criterio referente á altura das plantas altas ou o que é o mesmo, o referente ó espesor das placas, a tódolos edificios do polígono, por tratarse dun aspecto de técnica constructiva.

2. Aprobar definitivamente o plan especial de reforma interior do Paseo das Pontes coas seguintes correccións derivadas do informe da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda:

a) Establece-la dimensión da parcela destinada a uso escolar en 10.477 m.

b) Os sotos non se teñen en conta no cómputo da edificabilidade sese dedican exclusivamente a garaxe-aparcamento, pero computarán edificabilidade sese dedican a outros usos.

c) Deberán excluírse da ordenanza de cuarteirón as parcelas M-3 e M-4, pois teñen a súa propia ordenanza (bloques illados B-2).

d) O uso de aparcamento na planta baixa dos bloques illados computará edificabilidade, de acordo co apartado 3.12 do anexo do plan xeral.

e) As entreplantas en baixos comerciais admitiranse nas condicións establecidas no apartado 13 do anexo 4 do plan xeral, coa aclaración de que o retranqueo dos 5 metros ten que facerse desde a liña de edificación principal que neste caso é Ronda de Nelle.

f) Fíxase como duración da etapa única prevista no ano desde que se culmine o procedemento de xestión.

O referido proxecto terá eficacia e entrará en vigor conforme o establecido no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo (DOG número 134, do 13 de xullo de 1995).

A Coruña, 19 de decembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

9546