Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada C-531, treito N-540-Mandras (clave N-OUR-91.3.1).

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, o seu apartado 2º establece a competencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-b, de construccion, conservacion e explotación de estradas.

O 4 de xullo de 1996 procedeuse á aprobación do proxecto de trazado da obra de: acondicionamento da estrada C-531, treito: N-540-Mandras (clave: N/OUR/91.3.1.), polo conselleiro de Política Territorial, Obras Publicas e Vivenda.

O 27 de xuño de 1996, a Xunta de Galicia procedeu á declaración dá utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por la execución do proxecto de: acondicionamento da estrada C-531, tramo: N-540-Mandras (clave: N/OUR/93.3.1), polo Decreto 298/1996 publicado no DOG número 147.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiacion forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do regulamento para a súa aplicación, este Servicio Provincial de Estradas no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiacion forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro da Casa do Concellos de Celanova, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas: Casa do Concello de Celanova.

Data: 22-1-1997.

Hora: 9 a 13.

Núm. predios: 1 ó final.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, DNI e o último recibo da contribución, podéndose acompañar á súa custa, se o coida preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiacion forzosa, ábrese información pública perante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata a momento do levantamento das actas previas a ocupación correspondente co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, rúa Sáenz Diez nº 1, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por urxente ocupación.

Ourense, 10 de decembro de 1996.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas de Ourense

8719