Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilaceleiro.
Situación: O Corgo.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 150 metros, con apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/398-230 V+2,5%+5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 150 metros, para mellora do servicio eléctrico en Vilaceleiro, no concello do Corgo.
Orzamento: 2.754.051 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 22 de outubro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
7948