Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 18 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publican actas e propostas de liquidación, dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria e que afectan os contribuíntes e conceptos que se indican (Avenida de Vigo, S.L. e outro).

Pola presente cédula, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse actas e propostas de liquidación relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se sinala e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 146, apartado 2º, da Lei xeral tributaria.

Contra esta notificación os interesados poderán formular alegacións perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, Praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula. Transcorrido este sen que se formulen alegacións, o Servicio de Inspección Tributaria procederá a confirma-la citada liquidación.

Vigo, 18 de novembro de 1996.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoConceptoLiquidación

Avenida de Vigo, S.L.Escultor Nogueira, s/n, VigoActa A-05

Exp. TPAJD

103.589
García Sarabia, DiegoMaría Berdiales, 15-3ºB, VigoActa A-02

Exp. S e D

739.153

9410