Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.913

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 436/1996, do 26 de decembro, polo que se dispón que cese Benigno Sánchez García como presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Ley 11/1988, do 20 de outubro, e de acordo coa Lei 7/1988, do 12 de xuño, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Benigno Sánchez García como presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9523