Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.861

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de decembro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

O Decreto 212/1996, do 6 de xuño (DOG nº 112, do 7 de xuño) modificou parcialmente a estructura orgánica da Xunta de Galicia creando a Consellería de Cultura e Comunicación Social, que asume as funcións que lle correspondían á Consellería de Cultura e á Secretaría Xeral de Comunicación.

O Decreto 237/1996, do 14 de xuño (DOG nº 118, do 17 de xuño) fixou a estructura orgánica da nova consellería, que foi desenvolvida a través do Decreto 256/1996, do 20 de xuño (DOG nº 125, do 26 de xuño), e do Decreto 326/1996, do 26 de xullo (DOG nº156, do 9 de agosto).

Por outra banda a través dunha importante ampliación dos seus cuadros de persoal dáse resposta a unha antiga demanda da sociedade, consistente en amplia-lo horario de atención ó público en sesións

culturais tan relevantes como arquivos, museos e bibliotecas.

Por todo o anterior faise necesario modifica-las relacións de postos de traballo da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral de Comunicación publicadas pola resolución da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 24 de novembro de 1995 (DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, correccións de erros DOG nº238, do 14 de decembro de 1995 e nº 86 do 2 de maio de 1996).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura e Comunicación Social, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-las relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo da presente orden.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernandez

Conselleiro da Presidencia eConselleiro de Economía

Administración Pública e Facenda

96-9415