Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de decembro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio.

A creación do Instituto Galego de Consumo, efectuada pola Lei 8/1994, do 30 de decembro de 1994 (DOG nº 9, do 13 de xaneiro de 1995), e desenvolvida polos decretos 329/1995, do 21 de decembro (DOG

nº 249, do 30 de decembro de 1995) e 183/1996, do 9 de maio (DOG nº 101, do 23 de maio de 1996; corrección de erros DOG nº 110, do 5 de xuño de 1996), como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Insdustria e Comercio, fai necesario modificar parcialmente a relación de postos de traballo da citada consellería, publicada pola resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de novembro de 1995 (DOG nº 277, do 27 de novembro de 1995; corrección de erros DOG nº 238, do 14 de decembro de 1995 e nº 86, do 2 de maio de 1996).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Industria e Comercio, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

9531