Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03-8452/96, interposto por Antonio Pérez Fernández.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administra

tivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03-8452/1996, interposto por Antonio Pérez Fernández, contra Resolución, do 26-4-1996, que aproba o proxecto de expropiación forzosa para a execución da urbanización e acondicionamento da travesía de Bastiagueiro LC-1730, t.m. Oleiros, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas personas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral, de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-9374