Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, da obra con expediente PO-33-09-96/616.

A)Proxecto básico e de execución da Lonxa de Campelo (Poio).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente: clave: PO-33-09-96/616

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Proxecto Básico e de Execución da Lonxa de Campelo (Poio).

b) División por lotes e número.

c) Lugar de execución: Poio

d) Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 116.826.733 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4.673.069 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º .

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 54 53 22.

e) Telefax: 54 53 37.

a) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a)Clasificación : grupo F, subgrupos 2 e 3, categoría d.

Grupo C, subgrupo 2, categoría c.

b) Outros requisitos : non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do Ente Público Portos de Galicia.

2ª) Domicilio: praza de Europa, 5 A - 6ª.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses dende a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A - 6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións: a mesa clasificará previamente a documentación xeral do sobre A e expoñerá no taboleiro de anuncios dos servicios centrais do Ente Público Portos de Galicia, as omisións e emendas ás que houbese lugar, así como o prazo de emenda.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

9184