Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Entidades de Inspección e Control Reglamentario de la Comunidad Gallega (Aenicre-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Entidades de Inspección e Control Reglamentario de la Comunidad Gallega (Aenicre-Galicia), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da devandita asociación, as entidades de inspección e control regulamentario acreditadas como tales e que cumpran as esixencias recoñecidas no RD 1407/1987, do 23 de novembro, así como aquelas entidades acreditadas con base nas esixencias do RD 2200/1995, do 28 de decembro, da Comunidade de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ricardo García López, representando a Asistencia Técnica Industrial, S.A.E. e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9477