Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que aproba o cambio de dominio da batea Montenegro número 1.

Visto o expediente de cambio de dominio que a a continuación se menciona, instruído a efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a apoia; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións vonferidas, en vista do informe favorable do servicio técnico-xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Montenegro número 1.

Cutivo: mexillón.

Localización: cuadrícula número 208, Vilagarcía de Arousa A.

Data da concesión: 19-6-1978.

Data do remate da última prórroga: 10-8-1998.

Anterior concesionario: Barros Cuervo, S.L.

Novos titulares da concesión: Gondar Muñiz, José Antonio e Dios Fernández, Dolores.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra).

9391