Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de decembro de 1996 de notificación do requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-IV/75, conta 223).

En cumprimento do disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, nos casos en que proceda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-Herdeiros de Gerardo Iglesias Salgueiro.

Expte: C-2-IV/75. Estrd. 223.

Rúa Alexandre Bóveda bloque 14, portal 7, 4º C.

Polígono de Vite O Roeiro.

Santiago de Compostela.

1.945.176 ptas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9267