Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 3 de decembro de 1996, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito Varios, en aval bancario 22/1995, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito Varios nº 22/1995, do 9-1-1995, por importe de 199.600 ptas., constituído na Caixa de Depósitos desta delegación en aval bancario garantindo a Esgal, S.L. e a disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para responer da redacción do proxecto de acondicionamento da OUR-101, entre o punto quilométrico 0+000 e o punto quilométrico 8+200 clave. N OR.90.14, formúlase requerimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38, entresollado.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data de publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do

exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá surtir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 3 de decembro de 1996.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9411