Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se anuncia a contratación da asistencia técnica que ten por obxecto a prestación dos servicios de operadores de información para o desenvolvemento do programa de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa, para a Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia, como expediente anticipado de gasto.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica que ten por obxecto a prestación dos servicios de operadores de información para o desenvolvemento do programa de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa, para a Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia, como expediente anticipado de gasto.

Prazo de execución: os traballos obxecto da contratación levaranse a cabo desde o 15 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997.

Orzamento: 8.844.017 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse e retirarse, durante o prazo de presentación de proposicións nos días hábiles e horas de oficina, na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na segunda planta do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

Garantía provisional: 176.880 pesetas.

Garantía definitiva: 353.761 pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo -anexo I- que se xunta ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e lacrados na forma indicada no prego tipo de cláusulas

administrativas particulares. Deberán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia sito na planta baixa do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 8 de xaneiro de 1997.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso público aberto convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da asistencia técnica que ten por obxecto a prestación dos servicios de operadores de información para o desenvolvemento do programa de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa que presenta D./Dna.... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: terá lugar ás 10 horas do día 10 de xaneiro de 1997, en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita no semisoto do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, importe que deberá abonar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios

9285