Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Secretaria Xeral para o Turismo, pola que se se fai pública a adxudicación de contratos de obras polo procedemento negociado sen publicidade, logo da declaración de deserto do concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, anunciado para o efecto.

Esta secretaría en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación dos seguintes contratos de obras polo procedemento negociado sen publicidade, logo da declaración de deserto do concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas por Resolución do 4 de setembro de 1996, (DOG. nº 179, do 12 de setembro) e por Resolución do 10 de setembro de 1996 (DOG. nº 182 do 17 de setembro), ámbalas dúas da Secretaría Xeral para o Turismo.

1. Restauración do mosteiro de Aciveiro, fase II, ala sur, oeste e claustro, en Forcarei (Pontevedra).

-Data de publicación do anuncio de licitación: 12 de setembro de 1996 (DOG nº 179).

-Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

-Importe: trinta e cinco millóns setecentas quince mil seiscentas cincuenta e oito pesetas (35.715.658 ptas.), IVE incluído.

-Adxudicatario: Construcciones San José, S.A.

-Data da adxudicación: 25-10-1996.

2. Restauración do mosteiro de Aciveiro, fase III, ala este, en Forcarei (Pontevedra).

-Data de publicación do anuncio de licitación: 12 de setembro de 1996 (DOG nº 179).

-Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

-Importe: dezasete millóns duascentas vinte mil corenta e nove pesetas (17.220.049 ptas.), IVE incluído.

-Adxudicatario: Construcciones San José, S.A.

-Data da adxudicación: 25-10-1996.

3. Acondicionamento de fielatos na muralla Romana de Lugo, en Lugo.

-Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de setembro de 1996 (DOG nº 182).

-Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

-Importe: dezasete millóns oitocentas sete mil cento cinco pesetas (17.807.105 ptas.) IVE incluído.

-Adxudicatario: Resconsa.

-Data da adxudicación: 25-10-1996.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9492