Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a adxudicación das obras de rehabilitación e mantemento da igrexa da Régoa en Monforte de Lemos (Lugo) por concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta secretaría en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación do seguinte contrato de obras, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas por Resolución do 10 de setembro de 1996 da Secretaría Xeral para o Turismo (DOG nº 182 do 17 de setembro de 1996):

* Rehabilitación e mantemento da igrexa da Régoa en Monforte de Lemos (Lugo).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: vintecatro millóns cincocentas oitenta e nove mil trescentas cincuenta e tres pesetas (24.589.353 ptas.), IVE incluído.

Adxudicatario: UTE INDEZA-VARELA VILLAMOR.

Data da adxudicación: 11-10-1996.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9288