Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.832

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (339/1992).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo executivo número 339/1992 se dictou sentencia con data 15 de outubro de 1992, con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxitrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un deste partido, os autos de xuízo executivo número 339 de 1992, seguidos entre partes: dunha, como demandante a entidade Caixa de Aforros de Galicia, con domicilio na Coruña, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas, asistido do letrado Pardo Pedernera; doutra, como demandados, incoparecidos e en situación procesual de rebeldía, Jaime Garabal Pena, María Rosario Fariña Daparte e Amelia Daparte Porta, maiores de idade e desta veciñanza.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Jaime Garabal Pena, María Rosario Fariña Daparte e Aemlia Daparte Porta, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Caixa de Aforros de Galicia, da suma principal de 1.417.204 pesetas gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta sen

tencia na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; facendo saber ás partes que esta resolución non é firme e cabe recurso de apelación dentro do termo de cinco días.

Lévese certificación ó preito principal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación á demandada Amelia Daparte Porta, expido o prsente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, catorce de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9289