Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.831

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador, de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), e adoptado acordo polo tribunal sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no terceiro exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto no apartado 12 da base sexta A) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-los listados correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos

centros de xestión de atención

primaria deste, facultándose para isto expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes da categoría de celador relativas ó terceiro exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa citada convocatoria, tódolos presentados a este último exercicio teñen a condición de aptos.

Non obstante, de presentarse algunha solicitude de comprobación ou revisión da puntuación outorgada, a estimación ou desestimación, se é o caso, destas entenderase implícita na resolución que publique a conclusión da fase de oposición.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

8804