Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996 pola que se convoca a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto, do arrendamento de equipos para o tratamento de información.

Obxecto: arrendamento de equipos informáticos para o tratamento da información derivada dos resultados dos procesos selectivos de persoal para o acceso á Administración da Xunta de Galicia.

Orzamento de licitación: 4.050.000 pesetas.

Documentos de interés para os licitadores.-A documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os dias e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 81.000 pesetas.

Fianza definitiva: 162.000 Pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentanse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do arrendamento de equipos informáticos, que presenta D./Dña ... en nome ... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala "B" de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do terceiro día hábil, contado a partir do seguinte ó de peche de admisión de proposicións.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicataro, que deberá de aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Conselleria da Presidencia

e Administración Pública

9462