Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 19 de decembro de 1996 pola que se acorda publica-las normas e orientacións para o período 1997-1999 das iniciativas comunitarias de emprego e desenvolvemento dos recursos humanos e adaptación dos traballadores ás transformacións industriais (ADAPT).

Por comunicacións ós estados membros publicadas no Diario Oficial das Comunidades Europeas, do 10-7-1996 (96/C 200/06 y 96/C 200/05), a Comisión Europea invitou os estados membros a presentaren programas operativos ou subvencións globais para participaren nas iniciativas comunitarias de emprego e recursos humanos e adaptación dos traballadores ás transformacións industriais (ADAPT), nas ditas comunicacións fixaranse as orientacións modificadas para os programas operativos ou subvencións globais que se presenten.

Co fin de facilita-la tramitación administrativa dos proxectos que poidan ser elixibles nas referidas iniciativas comunitarias no uso das facultades que ten atribuídas a Consellería de Economía e Facenda en cato a formulación de instruccións para a coordinación da programación dos proxectos dos fondos estructurais,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O obxecto da presente orde é que as entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autó-

noma de Galicia coñezan as normas e orientacións que posibiliten a presentación de proxectos dentro do marco do período 1997-1999 das Iniciativas Comunitarias de Emprego e Desenvolvemento de Recursos Humanos e ADAPT.

Artigo 2º

Os proxectos que se presenten terán que cumpri-las características e especificacións que a Comisión Europea establece nas comunicacións ós estados membros mencionadas (96/C 200/06 y 96/C 200/05), en canto a obxectivos, prioridades, subvencionabilidade e medidas subvencionables.

Artigo 3º

Os proxectos deberán concretar e garanti-la transnacionalidade das accións a través do compromiso escrito de participación no proxecto de entidades doutros países da Unión Europea.

Artigo 4º

Os proxectos presentaranse segundo o modelo normalizado de solicitude de participación en programas operativos das iniciativas comunitarias de emprego e recursos humanos e ADAPT.

Á solicitude normalizada acmpañarase, ademais, a seguinte documentación:

-Memoria explicativa do proxecto.

-Documento acreditativo da asociación transnacional.

O modelo normalizado de solicitude e do documento acreditativo de transnacionalidade pódese obter nos órganos correspondentes das consellerías sectoriais en relación coa materia obxecto do proxecto que se pretenda presentar.

Artigo 5º

Os proxectos presentaranse nos servicios centrais das consellerías sectoriais competentes en relación coa materia do proxecto. O prazo de presentación rematará o día 15 de febreiro de 1997.

Artigo 6º

Esixirase, ós proxectos que se presenten, unha participación non pública de, polo menos, o cinco por cento do custo total.

Artigo 7º

As consellerías sectoriais valorarán, para efectos da súa selección, as características dos proxectos que se presenten de acordo coas súas políticas sectoriais e dispoñibilidades orzamentarias, así como coas normas e criterios contidos nas comunicacións da Comisión Europea e nos programas operativos das iniciativas emprego e recursos humanos e ADAPT.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9375