Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 24 de decembro de 1996 Páx. 11.795

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos da praza 1394/1996 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Reald ecreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados pola secretaría xeral desta universidade os vocais correspondentes, e dado que se trata dun concurso de méritos e non dun concurso ordinario.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán o concurso de méritos, para a provisión de varias prazas de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, do 24 de xuño de 1996 (BOE do 18 de xullo), e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de catedrático de universidade.

Área de coñecemento de anatomía patolóxica e ciencias forenses.

Praza nº 1394/1996.

Comisión titular:

Presidente: Lucio Díaz-Flores Feo, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Vocal secretario: Jerónimo Forteza Vila, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Juliana Fariña González, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: Jaime de Prat Díez Losada, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal 3º: Francisco J. Ortego Fernández de Retana, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidente: Antonio Cardena García, catedrático de universidade. Universidade Central de Barcelona.

Vocal secretario: Mariano Toro Rojas, catedrático de universidade, Universidade de Córdoba.

Vocal 1º: Francisco J. Pardo Mindán, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Vocal 2º: Olga Ferrer Roca, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Vocal 3º: Guzmán Ortuño Pacheco, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

7855