Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 24 de decembro de 1996 Páx. 11.795

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (127/1995).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 127/1995, se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Caixa de Aforros

de Galicia contra Manuel Varela Silva, Elvira Soto Lareo e Isabel Lareo Lareo, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinálase para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 3 de febreiro de 1997 ás 10.15 horas, coas seguintes prevencións:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes de taxación.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., número 1500-17-012795, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos, e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Os autos estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda, o día tres de marzo de 1997 ás 10.15 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 1 de abril de 1997 ás 10.15 horas, a poxa celebrarase sen suxeición a tipo e deberase consignar quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Labrantío: Cima da Agra do Guieral, de corenta e oito cuartillos, igual a 12 áreas 79 centiáreas e edificación construída sobre ela. Estrema: norte, Ramón Lodeiro; sur, herdeiros de Andrés Lareo; leste, camiño; e oeste, Soledad Naveiro. Taxación: 4.567.995 pesetas.

Casa número 7, sita no lugar de Guieral, municipio de Vila de Cruces, parroquia de Camanzo. Consta de planta baixa e unha altura, cunha superficie aproximada de planta de 133 m Referencia catastral H0080012-0001LQ. Estrema por tódolos seus ventos terreo propiedade de Isabel Lareo Lareo. Taxación: 1.915.200 pesetas.

Casa número 18 (figura rotulada co 7b), sita no lugar de Guieral, municipio de Vila de Cruces. Referencia catastral urbana H008018-0001RQ, consta de semisoto e planta superior, a vivenda ocupa unha superficie aproximada por planta de 134,9 m. Estrema por tódolos seus ventos con terreo propiedade de Isabel Lareo Lareo. Taxación: 9.227.160 pesetas.

Terreo circundante no que se asentan as dúas casas detalladas dunha superficie aproximada de 50 ferrados. Estrema: norte, camiño; sur, José Silva e Manuel Varela; leste, pista; e oeste, Amadeo Brandariz. Taxación: 8.040.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7856