Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 24 de decembro de 1996 Páx. 11.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-10-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa con data 15-10-1996; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 23 de outubro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Frigalsa para 1996

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as condicións laborais e económicas da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa) e afectará a tódolos traballadores que presten os seus servicios nela, así como a aqueles que sexan admitidos posteriormente, coa aclaración indicada no artigo 4º.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e finalizará o 31 de decembro do mesmo ano e será prorrogado, se non existe denuncia expresa por algunha das partes, cun mes de antelación ó seu vencemento.

Artigo 3º.-Condicións absorbibles.

Terán carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas e sociais que, por calquera disposición e durante a vixencia deste convenio, puidesen establecerse.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada efectiva de traballo para todo o persoal da empresa será de 1.800 horas anuais, distribuídas de luns a venres en xornada partida de 8 a 13 e de 15 a 18 horas, agás o novo persoal que poida contratarse a partir do 1 de xaneiro de 1987, o horario do cal será a convir entre a empresa e o novo traballador. A xornada semanal será de 40 horas ou aquela que se acorde nos traballos por quenda.

Artigo 5º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído será de 30 días naturais entre os que polo menos 21 serán laborables, entendendo como tales, para estes efectos, os que non sexan sábados, domingos nin festivos. O seu desfrute realizarase preferentemente no período estival e segundo as necesidades de traballo na empresa; e efectuarase dentro do persoal unha quenda rotativa en canto á prioridade de solicita-la época do seu desfrute.

A empresa publicará o cadro de vacacións de todo o persoal no mes de febreiro de cada ano a entregaralle unha copia deste ó comité de empresa. A retribución do período de vacacións consistirá na totalidade do soldo percibido no mes anterior agás as horas extras e o plus de transporte.

Artigo 6º.-Licencias.

A empresa concederalles obrigatoriamente licencia ós traballadores que o soliciten e o xustifiquen debidamente, sen perda nin prexuízo na retribución nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) Nacemento de fillos ou enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos: dous días, todo isto ampliable a tres días máis se se xustifica debidamente a súa necesidade e sen retribución.

c) Falecemento de cónxuxe, pais, fillos e irmáns (consanguíneos ou políticos): tres días; dos demais parentes: un día.

d) Por traslado de domicilio habitual: dous días.

e) Matrimonio de fillos ou irmáns: un día.

f) A empresa poderá concederlles permisos non retribuídos ós traballadores que o soliciten, sempre que as esixencias do servicio así o permitan.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Pagarase por cuadrienios, de acordo cos inportes correspondentes a cada categoría, segundo se indica na táboa salarial anexa.

Artigo 8º.-Vestiario.

A reposición do vestiario do persoal será anual e efectuarase no mes de setembro de cada ano.

En canto ó persoal fixo-descontinuo, entregaráselle a roupa de traballo cada vez que se realizase o total de xornadas correspondentes ó ano de traballo (225 xornais).

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias serán tres no ano, da contía, cada unha, de 30 días do salario real máis antigüidade e devengaranse o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro de cada ano.

Artigo 10º.-Plus de transporte e distancia.

Establécese un plus de transporte e distancia na contía total de 177 ptas. por día efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Complemento prestacional.

A empresa complementará ata un 100% a prestación correspondente á Seguridade Social, nos supostos de incapacidade laboral transitoria, derivada da continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Así mesmo, a empresa complementaralles ata un 100% a prestación correspondente á Seguridade Social a aqueles traballadores que sufrisen unha intervención cirúrxica e o acrediten debidamente.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de facilita-lo emprego, quedan suprimidas as horas extraordinarias habituais.

Exceptúase da norma anterior:

a) As horas extraordinarias esixidas pola reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como os casos de risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros. Neste caso, igualmente por causa extraordinaria non habitual, cun tope máximo dunha hora diaria, será de obrigada realización.

b) As horas extraordinarias que teñan causa en pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza perecedoira das materias que se tratan así como a subministración de xelo ós barcos pesqueiros, manteranse sempre que non sexa posible a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas nas disposicións xerais.

A dirección da empresa informaralles mensualmente ó comité de empresa, ós delegados de persoal e delegados sindicais sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios anteriormente sinalados, a empresa e os representantes dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas

extraordinarias. En aclaración do concepto de hora estructural que contén o AI, serán consideradas como tales: as esixidas para a reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios; as necesarias que se teñan que realizar ante un risco de perda de materias primas e terminación de tarefas por carga e descarga de productos perecedoiros; e as necesarias para atender a períodos punta de producción.

Artigo 13º.-Valor das horas extraordinarias.

O valor de cada hora extraordinaria será de 1.201 ptas., agás as traballadas en sábados e festivos, que será de 2.204 ptas. A partir das 22 horas, as horas extraordinarias terán un valor de 2.755 ptas. nos sábados e festivos, e de 1.502 ptas. nos restantes días.

Artigo 14º.-Revisión médica.

A empresa porá á disposición de todo o persoal unha revisión médica anual.

Artigo 15º.-Descanso de bocadillo.

Todo o persoal terá dereito a un descanso retribuído de 10 minutos, comprendidos entre as 10 e as 11 horas de cada día, e este descanso será distribuído polos encargados das seccións correspondentes.

Artigo 16º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria está formada en canto á empresa por Teófilo Ceniceros Gallego, Teodoro Gómez Puente e José Riobó Campos e, por parte dos traballadores, por Enrique Álvarez Davila, José Fernández González e Anselmo González Domínguez.

Artigo 17º

Asinan o presente convenio, por parte da empresa, Teófilo Ceniceros Gallego (director xeral), Teodoro Gómez Puente (subdirector xeral), José Riobó Campos (director administrativo), Adolfo Viéitez Davila (director de planta) e Jacinto Salvador Fernández (xefe de sección). Por parte dos traballadores, Luciano Villar Rodríguez, Enrique Álvarez Davila, Anselmo González Domínguez, José Alén Rozados e José Fernández González, todos eles membros do comité de empresa de Frigalsa.

Vigo, 23 de outubro de 1996.

Pola empresa:

Teófilo Ceniceros Gallego, director xeral.

Teodoro Gómez Puente, subdirector xeral.

José Riobó Campos, director administrativo.

Adolfo Viéitez Davila, director de planta.

Jacinto Salvador Fernández, xefe de sección.

Polos traballadores:

Enrique Álvarez Davila.

Luciano Villar Rodríguez.

José Fernández González.

Anselmo González Domínguez.

José Alén Rozados.

Anexo convenio 1996

Táboa salarial

CategoríaSoldo

base

Plus

convenio

Tox., penoso

ou nocturno

Gratif.

Volunt.

Total

mes

Cuadrienio

Director administrativo113.84038.09890.715242.6536.492
Xefe sección96.68435.77568.029200.4885.513
Oficial 1ª administrativo96.68434.86756.700188.2515.513
Oficial 2ª administrativo91.34930.33133.058154.7385.209
Oficial 3ª administrativo85.93528.53231.102145.5694.886
Auxiliar Admtvo. nivel 180.12328.06532.145140.3334.555
Auxiliar Admtvo. nivel 257.53819.11020.83297.5003.272
Auxiliar Admtvo. nivel 354.47418.08619.71592.2753.097
Telefonista51.39217.06318.59987.0542.944
Aprendiz Admtvo.50.36216.72218.22785.3112.863
Botóns/ordenanza49.33616.38217.85583.5732.805

Xefe sección96.68435.77568.029200.4885.513
Oficial 1ª90.27627.20818.05424.883160.4215.133
Oficial 2ª88.94424.38917.78725.190156.3105.057
Oficial 3ª82.51024.86516.50222.745146.6224.691
Peón especialista80.12124.14316.02422.082142.3704.568
Axudante85.47325.34217.09412.504140.4134.860
Peón estibador74.25913.83014.851102.9404.222
Peón64.20611.96212.84289.0103.650

Xefe de sección96.68435.77568.029200.4885.513
Maquinista93.38028.06618.76725.036165.6995.335
Oficial 1ª maquinista93.03827.12218.60822.076160.8445.290
Oficial 2ª maquinista88.94424.38917.78725.190156.3105.057
Axudante máquinas N-185.47124.49317.09418.625145.6834.858
Axudante máquinas N-285.47124.49317.09413.356140.4144.858
Axudante máquinas N-361.25317.55012.25013.350104.4033.483
Axudante máquinas N-451.04114.62710.20911.12387.0002.902

Vixilante N-177.92719.6767.79316.470121.8664.431
Vixilante N-261.74115.5836.17413.05696.5543.510
Persoal da limpeza N-176.78820.06922.911119.7684.366
Persoal da limpeza N-256.29714.71016.79587.8023.200

8123