Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-302/1996 e catro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-302/1996, I-393/1996, I-419/1996, I-435/1996, I-455/1996) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do proce

demento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 22 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Denunciado-Precepto-Precepto
-Expediente-Último enderezo coñecido-Feito denunciadoinfrinxidoSanciondor-Sanción

I-302/1996Antonio Moya Mosquera

r/ Gran Vía, 4

36203 Vigo

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.Artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.50.000
I-393/1996Manuel Pérez Álvarez

r/ Calvo Sotelo, 44

32400 Ribadavia

Ourense

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.Artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.50.000
I-435/1996J. Antonio Pérez Golán

r/ Valencia, 14-2

15002 A Coruña

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.Artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.50.000
I-455/1996Celeste Mn Basconcelos

Pereira

r/ Eugenio Krapff, 22, baixo

36210 Vigo

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.Artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.50.000
I-419/1996Manuel Cavada Juanes

San Xurxo de Sacos

36317 Cotobade

Negativa a se identificar e prender lume en época de máximo perigo.Artigos 136 b) e 138 c) do regulamento á Lei de incendios forestais.Artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.50.000

96-9220