Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-178/1996 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 22 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-178/1996

Denunciado: J. Manuel Rodríguez Núñez.

Último enderezo coñecido: r/ García Lorca, 2-1ºC, 36209 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento á Lei de if.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento á Lei de if.

Sanción: 50.000 ptas.

9219