Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción que se cita, acollida ó réxime especial. (Expediente IN407A 1996/118-1.

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995, sobre autorización de instalacións eléctricas polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica, sométese a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación acollida ó réxime especial, as instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Euro Vento, S.L. Unipersonal.

Enderezo social: rúa Galeras, 17-3º, oficina 3, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: Parque eólico Paxareiras II C.

Situación: municipios de Muros, Carnota e Mazaricos.

Características técnicas: superficie afectada: 1800 ha.

Coordenadas: V1(494700 V, 4746000 N), V2(495000W, 4746500N) V3(495000W, 4750000), V4(498500 W, 4750000 N), V5(499000 W 4745000 N), V6(498000 W, 4744000 N) V7(497118 W, 4745516 N), V8(494700 N, 4746000 N).

34 aeroxeradores de 600 kW de potencia nominal unitaria cunha potencia total de 20,4 MW.

34 transformadores de 800 kVA de potencia nominal unitaria e tensións de 0,690/20 kV; liñas eléctricas subterráneas en media tensión a 20 kV de interconexión dos trafos coa subestación transformadora.

Subestación eléctrica 20/66 kV equipada cun transformador de potencia de 26 MVA e un transformador de servicios auxiliares de 250 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-9218