Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/79-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Arnela.

Situación: Sada.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.391 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ó C.T. Carnoedo e remate no C.T. a instalar en Arnela.

Centro de transformación aéreo en Arnela de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 393 m de lonxitude. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas o entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de novembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial de A Coruña

9227