Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/167-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que segue:

L.M.T. a 20 kV de 2.515 m de lonxitude en conductor LA-110 E 56, que parte da L.M.T. a Ourille e final na L.M.T. a C.T. Caballereiza e derivación o C.T. Ardeleiros para construír de 50 kVA a 20 kV-B2. Concello de Rianxo e Lousame.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 28 de novembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9259