Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 51967).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. co enderezo na rúa Mancebo, 6, 15600 Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.596 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. que une os CC.TT. de Chao da Vuña a Escañoi, e remate no C.T. que se construirá en Vilaboi.

Ramal de 331 m de lonxitude que parte do apoio número 9 da L.M.T. anterior, e remata no C.T. de Castiñeira.

Dous CC.TT. de 50 kVA cada un a 15/20 kV B2 en Vilaboi e Castiñeiras. Concellos de Irixoa e Monfero

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas

e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9260