Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 207/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T.

nos Valos, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Distribuidora de Carnes Viguesa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un poste de formigón 13/1000 de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proxecta na nave da empresa nos Valos, concello de Mos.

Finalidade da instalación: subministrarlle enerxía á nave dunha industria de elaborados cárnicos.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 400 m de lonxitude, con conductor tipo de aluminio, sobre apoios de formigón, e 25 m en tramo soterrado, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15/20 kV-390/230 V.

Orzamento: 4.684.634 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9255