Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.769

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (349/1995).

Apelidos e nome: López González, Francisco Manuel, nacido en Ribeira (A Coruña), o día 26 de agosto de 1966, fillo de Juan e de María, con último domicilio coñecido na avenida da Coruña número 130, Ribeira e con DNI 52.453.280.

Acusado no procedemento abreviado número 349/1995, sobre delicto de roubo con intimidación, dimanante das dilixencias policiais con rexistro de saída 178 do 21 de febreiro de 1994, da comisaría de policía de Ribeira, deberá comparecer dentro do prazo de dez días perante o Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, para constituírse en

prisión e responder dos cargos que lle resulten, apercibíndoo de que, de non verificalo será declarado rebelde e recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar.

En Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

9181