Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00745-O-1996 e seis máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Obras Públicas e Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo de quince días contados desde a publicación, e de non facelo procederase ó seu cobramento vía de constrinximento, segundo o establecido no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

LU-00745-O-96

C-8617-AV

G.C. Tráfico

Manuel Rodríguez Fernández

e outro, S.P.C.

Urb. Sta. María de Canide,

92-93, Mera

15320 Oleiros (A Coruña)

Circular transportando pedra carecendo de tarxeta visado de transportes de servicio público de mercadorías. Semi-remolque C-01698-R. Ostenta o vehículo tractor distintivos comarcais de fondo vermello de servicio público.

29-3-1996; 16.35; N-120; 508

140 A) LOTT

197 A) RTO

143 LOTT

201 ROTT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

LU-00200-O-96

OR-3978-G

G.C. Tráfico

Castitrans, S.L.

Avda. Portugal, 61

32002 Ourense

Realizar un transporte de mercadorías de León a Ourense, carecendo de tarxeta de transporte. Servicio público.

14-12-1996; 16; N-VI; 540

140 A) LOTT

197 A) ROT

143 LOTT

201 ROTT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

LU-00507-O-96

PO-6434-X

G.C. Tráfico

Garcotrans, S.L.

Estación FF.CC. Guixar

Terminal de contedores

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando un contedor de Sarria a Vigo, carecendo a bordo da tarxeta visado de transporte. Ostenta distintivos MDP-N, servicio público. Semi-remolque PO-01506-R.

1-3-1996; 17.15; C-546; 31,500

140,A),D) LOTT

197,A),D) ROT

143 LOTT

201 ROTT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

LU-00671-O-96

SS-00930-R

G.C. Tráfico

Raimundo Digón Santín

Riereta, 8

08001 Barcelona

Circular transportando conservas, de Cangas de Narcea a Barcelona, con cabeza tractora amparada con tarxeta TD (matrícula LU-4206-K) carecendo de tarxeta do semi-remolque. Servicio público.

16-3-1996; 15.30; N-VI; 464

140 A) LOTT

197 A) ROT

143 LOTT

201 ROTT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

LU-00790-O-96

LE-4392-S

G.C. Tráfico

Transbier, S.A.

Estrada de Ourense, km 4

24400 Ponferrada (León)

Transportar áridos carecendo de autorización administrativa. Servicio público. Semi-remolque LE-01111-R.

8-4-1996; 9.20; N-120; 530

140 A) LOTT

197 A) ROT

143 LOTT

201 ROTT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

XC-00213-O-96

LU-5806-L

G.C. Tráfico

José M. Baños Garijo

Ramón González, 16

27700 Ribadeo (Lugo)

Circular realizando un transporte de saburra, desde Montesalgueiro a Coirós, cun exceso de peso total de 32.600 kg. estanto autorizado para 24.500 (33% de exceso). Carece de tarxeta de transporte, ostenta distintivos MDP-C de Lugo, servicio público.

25-1-1996; 15; N-VI; 559

140,A),C) LOTT

197,A),C) ROT

143 LOTT

201 ROTT

575.000 ptas.

P.V. 3 meses

XC-00370-O-96

AV-0987-E

G.C. Tráfico

Garcotrans, S.L.

Estación FF.CC. Guixar

Terminal de contedores

36201 Vigo (Pontevedra)

Circultar cun camión que transporta pranchas de madeira, de San Saturniño (A Coruña) ó porto de Marín (Pontevedra), carecendo de tarxeta de transportes, servicio público, semi-remolque PO-01505-R. Ostenta distintivos radio de acción nacional.

15-2-1996; 17.10; N-651; 19

140,A),D) LOTT

197,A),D) ROT

143 LOTT

201 ROTT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

96-9226