Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.769

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (91/1996-01).

Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de faltas 91/1996, seguido por unha presunta falta de desconsideración a un axente da autoridade, no que foron parte como denunciante o policía municipal con número de carné profesional 005, José Segade Vilela e como denunciado José Lamas Fernández, se dictou sentencia que na súa decisión di como segue:

Que debo condenar e condeno a José Lamas Fernández, como autor penalmente responsable dunha falta de desconsideración a axente da autoridade, á pena de multa de 10 días, cunha cota diaria de 200 pesetas, que se pagarán dunha soa vez mediante ingreso na conta de consignacións deste xulgado, o número da cal lle será facilitado para tal fin, e ó pagamento das custas causadas.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ó denunciado José Lamas Fernández, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

8593