Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.768

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (48/1996-01).

Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de faltas 48/1996, seguido por unha presunta falta de desobediencia a un axente da autoridade, no que foron parte como denunciante o policía municipal con número de carné profesional 121, José Pena Sánchez e como denunciado Javier Jiménez Agra, se dictou sentencia que na súa decisión di como segue:

Que debo condenar e condeno a Javier Jiménez Agra, como autor penalmente responsable dunha falta de desobediencia a un axente da autoridade, á pena de multa de 10.000 pesetas de multa, con 3 días de arresto substitutorio, unha vez feita a excusión dos seus bens, para caso de no pagar, e ó pagamento das custas.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ó denunciado Javier Jiménez Agra, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

8783