Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.768

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (83/1996-01).

Eu, Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas arriba indicado, sobre lesións en agresión, sendo partes como denunciante Juan José

Meizoso Félix, contra Pedro Castellanos García, recaeu a sentencia que na súa decisión di como segue:

Que debo condenar e condeno a Pedro Castellanos García, como autor penalmente responsable dunha falta de lesións, á pena dun día de arresto menor, e ó pagamento das custas.

Así por esta miña sentencia, que lle será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Pedro Castellanos García, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

8782