Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.768

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (59/1996).

En cumprimento do acordado, por resolución do día de hoxe, dictada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 59/1996, por instancia de Serafín Boullón Gómez, sobre declaración de falecemento de Manuel Boullón Gómez, nado o día 5 de maio de 1900 no lugar de Pedreira, parroquia de Luaña, concello de Brión (A Coruña), fillo de José Boullón e de María Josefa Gómez, o cal emigrou a Cuba no ano 1918, non volvendo a ter novas del desde o ano 1942.

O que se fai público mediante o presente edicto, de conformidade cos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código civil, e o que se publicará no BOE e no Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no devandito expediente.

Negreira o vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8592