Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada con data 7 de novembro de 1996, prestou aprobación ás bases que rexerán a convocatoria pra a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre de dúas prazas de peón do servicio da limpeza, vacantes no cadro de persoal deste concello e incluídas na oferta de emprego público de 1996.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de dúas prazas de peón do servicio de limpeza, encadradas no grupo E, administración especial, persoal de oficios, e incluídas na oferta pública de emprego de 1996.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, e anunciarase un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse soamentes no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos e non exceder de 55 na data en que remate o prazo de presentación de instancias. Para os sós efectos de idade máxima de ingreso como funcionario de carreira, compensaranse os servicios prestados anteriormente na Administración local, calquera que sexa a natureza deles.

c) Posuí-lo certificado de escolaridade ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidade autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias nas que se solicite tomar parte na oposición libre, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiránselle ó alcalde-presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias podera presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normaizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 1.000 ptas. e terán que acompañar xunto coa instancia a carta de pagamento acreeditativa de ter ingresada a dita cantidade na tesourería municipal do concello.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, a designación do tribunal cualificador, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, e concederase un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 de Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de prosible impugnación e recursos, de confomidade co previsto na invocada lei.

A mencionada lita elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamción, se non as houbese; en caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición estará constituído do seguinte xeito:

Presidente; o alcalde-presidente do concello, ou membro da corporacion en que delegue.

Secretario; o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais; un representante da Xunta de Galicia.

Un representante de cada grupo político municipal.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

Un representante do comité de persoal.

O encargado da brigada de obras do concello.

Un representante de cada grupo político municipal.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente e o representantes dos grupos políticos municipais. O secretario actuará en tódolos casos con voz e voto.

Ningún tribunal poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias prvistas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, e con base nelas exclusivamente colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Para efectos de asistencias e axudas de custo, o tribunal entenderase encadrado na categoría cuarta.

Sexta.-Sistema de selección: oposición libre.

O procedemento de selección dos aspirantes consisitirá nas seguintes fases:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes, consistirá nunha probas obxectiva de carácter manual, a libre elección do tribunal, entre os cometidos propios do oficio, como poder ser: limpeza de rúas, cunetas, pavimentos, rexistros de pluviais, saneamento de malezas, etc.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en dúas probas:

a) Redacción en galego dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións que fixe o tribunal.

b) Consisitirá en resolver dous problemas sobre as catro regrás aritméticas.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio, consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo dunha hora, un tema do programa anexo ás presentes bases (anexo I), que elixirán os aspirantes de entre catro sacados ó chou.

Os tres exercicios da oposición serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos cada un deles, e será necesario acadar un mínimo de cinco puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirante será o cociente de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos.

A cualificación definitiva da oposición será o resultado da suma das puntuacións obtidas polos aspirantes en cada un dos exercicios da oposición, e será a que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

Sétima.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos, no BOP, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de clebración dos demais exercicios publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

A orde de actuación dos opositores, nas probas que non sexan conxuntas, comezará pola letra P. Os aspirantes sera convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren aperciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

Oitava.- Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará a dita relación á presidencia da corporación para que se formule a correspondente proposta de nomeamento.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións

que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do certificado de escolaridade.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidade autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposiblilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcioanrios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenzan.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.

No prazo dun mes contado da notificación do nomeamento, os aspiraantes noemados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Novena.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio o Real decreto 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional, Real decreto 896/1991, do 7 de xuño e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 12 de novembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

Programa (anexo I)

1. A Constitución española de 1978. principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

9145