Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 30-10-1996, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Sanatorio Domínguez, S.L., e redactado polos arquitectos Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez e José Luis Pichel Fernández, visado pola Delegación de Pontevedra do COAG con data de 29-3-1996, coa finalidade de defini-lo volume final do edificio en construcción destinado a equipamento sanitario sito na rúa Castelao, número 8, e adaptar e reaxusta-la súa aliñación interior e a altura dos distintos forxados do edificio, e dispónselle-la notificación ós interesados e a súa publicación para a súa executividade.

O que se fai público para a súa executividade, sublimándose que contra este acordo, que esgota

a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9335