Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (4/1996).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuña que nos autos de xuízo de menor contía de que se fará mérito, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Alicia Mansilla Pérez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía nº 4/1996, sobre reclamación de cantidade, seguidos perante este xulgado no que son partes, dunha, como demandante, Provincia Franciscana de Santiago da Orde dos Frades Menores (PP Franciscanos), representada polo procurador Cuns Núñez coa letrada María Victoria López Iglesias, contra a Sociedade Imagen Corporativa S.L., declarada procesualmente en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Cuns Núñez en nome e representación de Provincia Franciscana de Santiago da Orde de Frades Menores (PP Franciscanos) contra a sociedade Imagen Corporativa S.L., debo condenar e condeno a esta última parte ó pagamento da suma de dous millóns dúascentas trinta e sete mil dúascentas oitenta pesetas (2.237.280 ptas.) máis os xuros legais desde a interpelación xudicial e custas procesuais. Contra esta resolución cabe recurso de apelacion que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida foi lida e publicada o mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á entidade demandada declarada en rebeldía, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8758