Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (91/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de exhorto penal nº 91/95, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración o seguinte vehículo propiedade de Claudio Rodríguez Furelos:

-Vehículo matrícula C-15393-VE.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena nº 2 do polígono das Fontiñas o vindeiro día 20 de xaneiro ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 50.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións de este xulgado no BBV nº conta 1592-79-91-95 o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes se os houbese, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 20 de febreiro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 18 de marzo, tamén ás once horas, rexendo para ela as mesmas condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela, vintesete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8591