Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (255/1996).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada no expediente de dominio promovido polo procurador Núñez Blanco en nome e representación de Ramón García Silva, Concepción Reboredo Carreira, Salvador, Mª Dolores, Mª José e Alfonso García Reboredo polo que se solicita a reanudación do tracto sucesivo interrompido no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, sobre a casa nº 60 da rúa de San Pedro, inscrita no tomo 507, libro 193, folio 86, predio 8.118.

Pola presente cédula cítanse todas aquelas persoas con domicilio descoñecido que teñan algún interese na casa nº 60 da rúa de San Pedro, herdeiros de José Manuel Villasenín Lens e esposa Consuelo Pintos Corral e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no prazo de dez días a partir daquel en que reciban a presente citación, poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña sobre a pretensión formulada.

E para que sirva de citación en forma, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1996.

Rubricado

9052