Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (188/1996).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía número 188/1996, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 188/1996, por instancia de Mari Paz, S.L. representado polo procurador Raposo Quintas, baixo a dirección técnica da letrada Navarro Toledo, contra Isaac Bermúdez Sixto e Industrias Isaac, S.L. declarados en rebeldía procesual. Decido que debo desestimar e desestimo a demandada polo procurador Raposo Quintas en nome e representación de Mari Paz, S.L. contra Industrias Isaac, S.L. e Isaac Bermúdez Sixto declarados en situación de rebeldía procesual.

Non se fai pronunciamento en canto ás custas. Notifíquese esta resolución ós demandados rebeldes de conformidade co previsto nos artigos 769, en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Isaac Bermúdez Sixto e Industrias Isaac con último domicilio coñecido na rúa Basquiñós, 44, e polígono do Tambre, vía Pasteur número 19, Santiago de Compostela expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8629