Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (215/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela fai saber que neste xulgado se segue expediente de dominio 215/1996, por instancia de Manuel Landeira Mansilla e María Neiro Castro, representados polo procurador Cuns Núnez, para a reanudación do tracto sucesivo do seguinte predio:

Urbano: casa número vintecatro moderno da rúa de Santa Cristina, parroquia de San Miguel desta cida

de, composta de alto e baixo, e ocupa un soar de dezaseis metros cadrados, que limita ó norte, rúa de Santa Cristina; sur, costas, casa e horta número corenta e tres da rúa da Algalia de Arriba, propiedade de Águeda Casas Rey; leste, esquerda, casa número vinteseis da rúa de Santa Cristina de Isabel Facal Varela e oeste, dereita, soar que debe corresponderlle ó número 18 da dita rúa de Santa Cristina, propiedade de Agustín Leis Ponte.

E en virtude do acordado e o disposto na Lei e Regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócanse e cítanse as persoas ignoradas a quen poida prexudica-la inscrición solicitada; as persoas de quen procede o predio, Gerardo Blanco Agraso, Aurora Blanco Abeijón e Jesusa Mosquera Gómez, esta última como habentecausa de Julio Picón Rodríguez, a todos eles para que no prazo de dez días comparezan ante o xulgado e aleguen o que no seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8655