Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (183/1984-01).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no xuízo de maior contía 183/1984 perante este xulgado, por instancia de Manuel Pereiro Fariña, representado polo procurador Raposo Quintas, contra Francisco Pereiro Fariña e outros, por medio da presente cédula cítanse os herdeiros descoñecidos e incertos e as persoas interesadas na sucesión do demandado Francisco Pereiro Fariña, para que dentro do prazo de nove días comparezan nos autos en legal forma, con procurador que os represente e avogado que os dirixa, baixo apercibimento de seguirse o procedemento na súa rebeldía e demais prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

O secretario xudicial

Rubricado

8590