Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.633

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (26/1996).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fai saber que neste xulgado, baixo o número 26/1996, se seguen autos de xuízo de faltas, sendo partes como denunciante-prexudicado José Lampón Gerpe e como denunciados Segundo Suárez Lois e José Antonio García Ares, recaendo auto con data 18 de xuño de 1996, a súa parte dispositiva di así:

«Parte dispositiva. Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, dispón:

Decreta-lo sobresemento libre e arquivo das presentes actuacións por non se-los feitos constitutivos de infracción penal, facendo reserva expresa ó procedemento correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que este non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación o prazo de cinco días perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por este auto, acórdoo, mándoo e asínoo. Asinado: María Cristina Navares Villar».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e que sirva de notificación a José Lampón Gerpe, que se encontra en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Negreira o 14 de novembro de 1996.

María Luisa Montejo García

Secretaria

8654