Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.633

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (92/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 92/1994, se segue procedemento executivo outros títulos, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra María Dolores Piñeiro Villamor, domiciliada en Érmora (Palas de Rei) e Gregorio Varela Piñeiro, domiciliado en Érmora (Palas de Rei), en reclamación de cantidade; nestes autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo da súa taxación, os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán.

Os bens saen a licitación en lotes. A poxa celebrarase o próximo día cinco de febreiro ás dez horas da súa mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo nº 45, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o 20 % do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A. axencia urbana, oficina 1475, conta de consignacións número 1510-000-17 a favor do xuízo executivo 92/1994.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe reseñado no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día doce de marzo, ás dez horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 17 de abril, tamén ás dez horas, e para esta rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa.

1. Rústico, caseta de planta baixa, en estado ruinoso, sita na parroquia de Érmora, termo municipal de Palas de Rei, de 20 m de superficie útil, aproximadamente, coa súa eira, curral, hórreo e o labradío unido chamado Nabal, duns seus ferrados; o labradío titulado Do Cambeiro, doutros seis ferrados; o monte denominado Chousa da Gandeira, duns cen ferrados; o predio Da Rega, o labradío de once ferrados e o pasto Da Rega, de cinco ferrados, que fan un total de cento vinteoito ferrados aproximadamente, equivalente a sete hectáreas, setenta e unha áreas e oitenta e catro centiáreas. Linda todo o conxunto ó norte, monte comunal de Goiás; sur, camiño de Vilamor; leste, camiño a Vilaouriz e oeste, pasto de Ramona Rodríguez e monte comunal de Goiás.

Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada, sección Palas de Rei, no tomo 634, libro 76, folio 216, predio número 11.432.

O seu valor é de 3.750.000 pesetas.

2. Chousa da Carballeira, monte sito na parroquia de Érmora, concello de Palas de Rei, de tres hectáreas, unha área e cincuenta centiáreas. Linda polo norte, sur e leste, monte comunal, e polo oeste camiño que vai a Melide, está inscrita no Rexistro da Propiedade de Chantada, sección Palas de Rei, no tomo 634, libro 76, folio 217, predio nº 11.433. O seu valor é de 850.000 pesetas.

3. Da Revolta, a monte, sito na parroquia de Érmora, concello de Palas de Rei, de trinta e seus áreas e dezaoito centiáreas, equivalente a seis ferrados aproximadamente. Linda polo norte, monte comunal de Goiás; sur e leste, monte comunal de Érmora, e oeste, camiño a Vilouriz. Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada, sección Palas de Rei, no tomo 634, libro 76, folio 218, predio número 11.434. O seu valor é de 75.000 pesetas.

E para que así conste e sirva de anuncio nos diarios oficiais en que se acordou a súa inserción, así como de notificación ós debedores, en caso de que estes non fosen atopados no seu domicilio, expido e asino o presente edicto en Arzúa o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

8619