Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (271/1995).

María Begoña Arroyoi Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo número 271/1995, que se mencionan, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e seis. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Ins

tancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo executivo número 271/1995, seguidos perante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Financiera Maderera, S.A., co procurador Regueiro Muñoz, e doutro como demandados Componentes del Mueble, S.A., sobre reclamación de cantidade.

Decido que, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados Componentes de Muebles, S.A. e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de 15.326.236 pesetas, importe do principal e a suma de 3.100.000 pesetas para xuros e custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno á demandada Componentes de Muebles, S.A.

E dada a rebeldía da demandada notifíqueselle na forma previda na lei, se non se pide dentro dos tres días seguintes a notificación persoal.

Esta resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia co encabezamento e decisión que quedan inseridos foi lida e publicada no mesmo día da súa data.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1996.

Rubricado

9287