Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 20 de setembro de 1996 (DOG do 9 de outubro e BOE do 12 de outubro), pola que se fai pública a composición da comisión designada para xulga-la praza de corpos docentes universitarios, este rectorado ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administración pública e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:
Praza número 96/016, onde di: «vocal segundo: Bethencourt Fernández, Abelardo. Catedrático de escola universitaria, Universidade das Palmas de Gran Canaria», debe dicir: «Bethencourt Fernández, Abelardo. Catedrático de escola universitaria, Universidade Politécnica de Madrid».
A Coruña, 26 de novembro de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
96-9112