Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1996 pola que se fai público o nomeamento dunha funcionaria do Parlamento de Galicia do grupo E, telefonista.

Á vista da proposta do tribunal cualificador das probas selectivas para a provisión dunha praza de telefonista de cadro de persoal do Parlamento de Galicia e da documentación presentada pola aspirante seleccionada.

Dado deste xeito cumprimento ás bases novena e décima das publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 57, do 20 de marzo de 1996.

A Mesa, en reunión celebrada o día 3 de decembro, e no uso das facultades que lle foron conferidas nos artigos 30.1º.3 e 60.2º do Regulamento do Parlamento de Galicia e 53 do Estatuto de persoal nomeou funcionaria do Parlamento de Galicia do grupo E telefonista, nos termos previstos no artigo 47 do devandito estatuto a Mª Teresa Iglesias Calvo.

A nomeada tomará posesión do seu posto de traballo dentro do prazo dun mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

9054